Esta semana hemos perdido a nuestro querido perro. Después de casi 15 años, ha sido dura la despedida. Desde que llegué a este mundo siempre ha habido un pequeño perro a mi lado. "Luqui", "Ñaque" y ahora "Queen", me han acompañado en mis cuarenta y pico. No tenían pedegree, pero eso era lo único que les faltaba.
Como pequeño homenaje y recuerdo, voy a transcribir un texto de Manuel Rivas del libro "Toxos e flores. Humor, destrucción e saudade no reino de Galicia". El texto hace referencia al can de palleiro (perro sin pedegree).
"Nunca será admitido o can de palleiro nos torneos onde se exhiben, peiteados á moda e con laciños de seda e veludo, os ben alimentados cans da jet-set canina. Nunca se lle dará entrada o palleiro nos círculos de aristocracia dos cans, alí onde alternan as cadelas de máis fortuna. É o can de palleiro, unha especie de descamisado, de paria, de sans-coutotte, de lumpecan, de cero á esquerda na xerarquía social de canolandia.
Mais a pesar da desigualdade vixente, a pesar do inxusto estado de cousas no universo canino, o can de pallerio non é un ser especialmente doido nin resentido. Vive máis ben á marxe do mundanal barullo e observa á distancia, moi divertido, a feira das vaidades. Ten a memoria dun cabalo, a sabedoría do raposo, a serenidade da vaca e a filosifía do seu mellor amigo, o galego fetén. De todos aprende o can de palleiro, non por ambición, senón por curiosidade e por profundar no sentido e sensentido da canina vida.
O galego fetén está moi orgulloso do seu palleiro e o animal séntese moi orgulloso do bípedo galego. Cando van xuntos pola bocaribeira do río Pequeno, mentres o luscofusco fai xogos de neón na pantalla celeste, o galego e o can parecen unha parella de colegas existencialistas na ponte de Saint-Germain. Non se dará entre eles a relación de amo e servo, senón que se tratan coma iguais. Nunca se viu un galego fetén darlle unha patada o seu palleiro porque sería tanto pecado como cuspir ó ceo. A lealdade do palleiro está tamén fóra de toda continxencia histórica. Non traizoará a súa amizade por un preparado vitamínico de importancia nin por un colar ortopédico.
O can de palleiro non ladra coma os outros cans. Ladra dun xeito escéptico. Cando se escoita ladrar un can de palleiro, o camiñante non se sente intimidado por unha ameaza nin conminado por unha advertencia. Por utra banda, faino por responsabilidade e por educación. É o que o camiñante agarda del e non quere defraudalo. Cando un can non ladra na fronteira do seu territorio a xente ri del. O can de palleiro non quere chamar a atención excesivamente e por iso ladra sen esrondo, dun xeito melodioso e con moito acento. Así é que os cans de palleiro non din guau, guau, senón uau, uau. Pero hai unha segunda intención no seu discurso. Os palleiros ó ladraren afírmanse ontolóxicamente. O seu uau, uau, resoa na campiña coma un eu, eu. Non se pronuncia contra ninguén senón que expresa a súa vontade existencial.
O labrador respecta totalmente a liberdade do can de palleiro e só lle asigna un labor intelectual. Aparentemente o can de palleiro non vale para nada, non ten unha utilidade convencional. Non é bo can de garda, nin de presa, nin de caza, nin de carreiras, nin conductor de cegos, non fai pallasadas, non vai de bonito nos brazos dunha madame. Ó galego bípedo nunca se lle ocorrerá mandar un can de palleiro á procura do xornal ó quiosco de prensa. Non porque o can non saiba, que sabe iso e o que faga falta, senón por non ferir a sensibilidade do animal. O que realmente lle gusta ó animal é acompañar o galego fetén e mercar o xornal e comentar con el os sucedidos.
-¿Viches esa noticia?. Cerdo morto en Carril por empacho de hachis
- Uau, dira o can.
O can de palleiro acompaña ó galego fetén en todos os actos sociais de certo relevo. Vai ós enterros, ás festas, e ós partidos de fútbol. En cada situación o can de palleiro sabe gardar a debida compostura. Nos enterros vai coa cabeza gacha e segue á comitiva con moito sentimento, non entra na misa e fica na porta, porque o palleiro é máis ben protestante. Nas festas e romarias participa á súa maneira. Gusta moito das habaneiras, que acompaña co rabo, das cumbias, que baila co rítmico movemento de orellas e dos fandangos, cunha perna soa. Nos partidos de fútbol, o palleiro introduce un factor de moderación. Todo o mundo ladra menos el, que aprecia o espectáculo e renega dos fanatismos.
Non é axustada á realidade a mensaxe dalgúns anuncios publicitarios nos que aparece un can doido porque o neno non lle fai caso e está todo o dia pegado ó televisor. Normalmente sucede ó contrario. Os nenos gústanlles os debuxos animados, porque retratan cans. Ós cans -e en particular o can de palleiro- gústanlle toda a programación porque aparecen bípedos nas máis curiosas e ridículas situacións. Gústalle moito, moitísimo a televisión ó can de palleiro. Os seu programas favoritos son os telexornais e as películas de vaqueiros.
Sente pánico diante do televisor e pon no asunto os cinco sentidos. Cando hai un disparo, erque lixeiramente a punta da orella dereita. Cando hai unha escea de terror, pecha os ollos. E cando os protagonistas, el e ela, se dan tres ou catro mordedelas e arrebolan na cama, o palleiro move o rabo. O can de palleiro é unha presencia fundamental na paisaxe galega. Agora vense moitos can grandes e malhumorados, que gardan casas feas e teñen donos sen misericordia. O can de palleiro e o galego fetén pasean pola bocarribeira a esa hora en que o fume das chemineas emite ondas de nostalxia.
-Imos vellos, di o galego fetén mentres lia un pitillo.
O can de palleiro asinte en silencio e tose un pouquiño. Tamén padece dos bronquiso, ainda que non fume.
No hay comentarios:
Publicar un comentario